O Deportivo queda sen o porteiro Bachmann, cunha rotura parcial do ligamento
O período de recuperación non será inferior a dez semanas
Os servizos médicos do Deportivo confirmaron a lesión de Daniel Bachmann que non volverá aos terros de xogo, como moi pronto, ata finais de decembro. O porteiro suplente do cadro coruñés apareceu na previa do encontro diante do Almería con muletas no vestiario despois dun problema nun dos últimos adestramentos.
Os doutores confirmaron o prognóstico este luns: rotura parcial do ligamento externo do xeonllo esquerdo. Agora Bachmann iniciará un período de inmobilización e descarga da articulación e logo comezará a recuperación cos readaptadores do club. "O período de recuperación estimado non será inferior a 10 semanas", asegura o Deportivo nun comunicado.
Bachmann chegou como solución de urxencia en agosto diante da marcha de Helton Leite. O titular está a ser Germán Parreño e o austríaco tiña o papel de segundo porteiro. Agora será Éric Puerto o que desenvolva esa función e Antonio Hidalgo tirará dun dos gardametas do Fabril -Hugo Ríos ou Brais Suárez- para completar a portería á espera da evolución de Bachmann.