Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo non xogará a final da Copa xuvenil por un gol pantasma no 94

O Deportivo non xogará a final da Copa xuvenil por un gol pantasma no 94

Adiantouse cun tanto de Martín Ochoa, pero o Almería remontou e evitou a prórroga dun xeito moi polémico

G24.gal 08/03/2023 22:02

Un gol pantasma no minuto 94 deulle o pase á final da Copa do Rei xuvenil ao Almería, que eliminou un Deportivo que levou a iniciativa durante a maior parte do partido. 

Os de Manuel Pablo conseguiron adiantarse no minuto 24 grazas a un tanto do rioxano Martín Ochoa, o máximo goleador da 3.ª RFEF. O Deportivo non puido aguantar a vantaxe máis que dous minutos. Foi o que tardou o Almería en empatar nunha xogada de Marciano que Seidu desviou cara á súa propia portería. 

O segundo tempo xogouse con moitas precaucións por parte dos dous equipos. Parecía encamiñado o encontro á prórroga ata que chegou o remate de Rachid que sacou Lemos. Segundo o asistente estaba dentro da portería. O gardameta coruñés non pensaba iso e marchou cun enfado monumental. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade