Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Deportivo presenta en Apelación o recurso pola aliñación indebida do Athletic
Competición deulle a razón ao equipo vasco
                            G24.gal
                        
                            03/05/2022 21:27
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Deportivo presentou hoxe mesmo o recurso ao Comité de Apelación pola aliñación indebida do Bilbao Athletic. Lembramos que o xuíz de Competición decidiu non darlle ao Deportivo os dous puntos porque non apreciou que se dera esa aliñación indebida no equipo vasco.
A cousa é que o Comité de Apelación pode tardar ata un mes, e para entón xa estarían os postos de play-off decididos, eses dous puntos poderían marcar a diferenza e outorgar certas vantaxes na promoción de ascenso. De todos modos, no Deportivo esperan que a decisión non leve máis de dez días.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        