Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo pasa da frustración á esperanza tras un gran mes de xaneiro

O Deportivo pasa da frustración á esperanza tras un gran mes de xaneiro

Nove puntos de doce meten os coruñeses no grupo de privilexio por ser primeiros

G24.gal 29/01/2024 16:03 Última actualización 29/01/2024 16:11

Nove puntos de doce meten os coruñeses no grupo de privilexio por ser primeiros. Os brancos e azuis levaron fronte ao filial do eterno rival tres puntos decisivos para non volver mirar atrás.

Nun mes de xaneiro repleto de adversarios polo ascenso directo e rumores de remodelación profunda no persoal, Idiakez e o seu persoal reviviron da man dunha feliz melloría colectiva que os devolveu á loita polo ascenso directo.

Nove puntos dos doce disputados no primeiro mes do ano (13 dos últimos 18) danlle oportunidade para estar aínda ao alcance de todo. Nada hai decidido aínda, pero o Deportivo xa sabe que é un máis na pomada de acabar a liga como primeiro clasificado.

Se Espiñedo reflotou a confianza en Imanol Idiakez, o triunfo no estadio céltico serve de punto de partida para facer as paces cun persoal que por fin coñece o camiño para alcanzar a súa mellor versión. Desde o peor Dépor da historia, o rendemento destes xogadores non parou de subir.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade