Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo, obrigado a gañar en Riazor diante do Cornellá

O Deportivo, obrigado a gañar en Riazor diante do Cornellá

O cadro de Idiákez leva dous empates nos dous primeiros partidos como local

O Lugo xoga no campo da Real Sociedade B

G24.gal 22/09/2023 21:52

E na Primeira Federación, o Deportivo recibe o Cornellá mañá sábado en Riazor. Os branquiazuis buscan a primeira vitoria da temporada na casa. Imanol Idiakez ten o equipo minguado polas baixas pero non quere escusas. Na convocatoria entraron catro canteiráns. O fabrilista Mati Castillo é a gran novidade.

O Lugo, pola súa parte, tamén adianta o partido á xornada do sábado. Xogará no campo da Real Sociedade B á procura do segundo triunfo da temporada. Comezou cunha vitoria pero agora leva tres xornadas sen gañar e sen marcar. Para Munitis o equipo vai polo bo camiño e agarda que o gol chegue canto antes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar