Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo non era líder de Segunda desde 2014

O Deportivo non era líder de Segunda desde 2014

O Dépor suma catro vitorias e dous empates nas seis primeiras xornadas, en que marcou 15 goles

Foto Deportivo
G24.gal 22/09/2025 18:14 Última actualización 22/09/2025 18:26

Coa súa goleada onte á noite á SD Huesca (4-0), o Deportivo situouse como líder en solitario, un posto que ocupou por última vez hai 11 anos e catro meses.

O Dépor suma catro vitorias (Granada, Sporting, Mirandés e Huesca) e dous empates (Leganés e Burgos) nas seis primeiras xornadas, en que marcou 15 goles e unicamente encaixou catro, dous deles na súa visita a Butarque.

A última vez que o equipo branquiazul liderou a categoría de prata do fútbol español foi o 18 de maio de 2014, despois de asinar táboas ante o Eibar en Riazor. Diego Ifrán adiantara ao Dépor e Jota igualou a falta de media hora para o final do choque, correspondente á xornada 39. Esa tempada, ambos os equipos acabarían logrando o ascenso directo, o conxunto vasco como campión (71 puntos) e o Deportivo como segundo (69)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade