Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo non achou ningún comportamento "irregular" de Miguel Llorente

O Deportivo non achou ningún comportamento "irregular" de Miguel Llorente

O técnico do Deportivo Abanca, apartado hai uns días, volveu dirixir os adestramentos

G24.gal 05/04/2022 22:07

Hai uns días que o adestrador do Deportivo Abanca, Miguel Llorente, foi apartado das súas funcións ata que se investigase no club unhas acusacións que fixeran contra el. Este martes soubemos que volve adestrar o equipo feminino coruñés.

Parece ser, segundo confirma o club nun comunicado, que a comisión de cumprimento das normas do Deportivo investigou a denuncia e non achou probas de ningún comportamento "irregular ou sancionable". O técnico do Deportivo feminino xa dirixiu esta tarde o adestramento coas xogadoras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade