O Deportivo e Rubén de la Barrera, preto de pechar o contrato
Será a segunda etapa do técnico coruñés no banco branquiazul
Rubén da Barrera vai sentar no banco de Riazor. Quedan dúas xornadas para o final da fase regular e o Dépor é cuarto, a seis puntos do novo líder, o Racing de Ferrol. O cadro herculino porá en xogo o seu regreso ao fútbol profesional no play-off. Antes, recibirá o Alxerciras e viaxará a Pontevedra.
O acordo é inminente. Sería a segunda etapa do técnico coruñés no Dépor. A pasada campaña, o destino deparou que fose o adestrador do Albacete no partido decisivo para subir á Segunda División. O cadro manchego remontou, venceu 1-2, e volveu ao fútbol profesional. Con todo, De la Barrera decidiu non seguir no Carlos Belmonte.
A principios de agosto conversamos co técnico coruñés sobre un posible regreso ao Deportivo:
" (Para volver) Teñen que darse circunstancias que permitan ese achegamento. Veremos se ocorre a medio ou longo prazo"