Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo incorpora a un psicólogo deportivo

O Deportivo incorpora a un psicólogo deportivo

Dedicarase especialmente ao primeiro equipo masculino e feminino

Foto @RCDeportivo Foto @RCDeportivo
G24.gal 25/10/2023 11:22 Última actualización 25/10/2023 12:23

O psicólogo deportivo Joaquín Sorribas incorpórase desde hoxe o organigrama do RC Deportivo como responsable da área conductual e motivacional do club, dentro da estrutura do novo Servizo de Atención ao Rendemento do Futbolista (SARF), nunha importante aposta para coordinar e reforzar todos os aspectos de mellora no rendemento dos e as futbolistas de todas as categorías neste ámbito.

O SARF, que depende da dirección deportiva encabezada por Fernando Soriano, estará desde agora organizado en dúas áreas: a do ámbito físico está dirixida como até agora polo doutor Álex Mejuto, do que dependen os servizos médicos, que forman os doutores Moncho Barral e Manuel Astray, após a recente saída do club do doutor Carlos Lariño, así como as áreas de nutrición, podoloxía e preparación e readaptación física. 

A nova área condutual e motivacional estará dirixida por Joaquín Sorribas, que se dedicará especialmente ao primeiro equipo masculino e feminino. Del dependerán por unha banda a área de psicoloxía con Jacobo Ceide e por outra a área de desenvolvemento persoal con Elkin Flores. Jacobo Ceide xa estaba a exercer como psicólogo do club até agora sobre todo na área formativa, traballando tamén con futbolistas do primeiro equipo masculino e feminino, e coa incorporación de Sorribas centrarase por completo no ámbito formativo. 

Elkin Flores, pola súa banda, será o responsable de desenvolvemento persoal dos xogadores e xogadoras, cun papel fundamental no caso de menores e futbolistas que viven na residencia do club. Deste xeito, o papel de Elkin Flores e Jacobo Ceide será moi relevante para apoiar aos e as futbolistas en todos os aspectos do seu desenvolvemento desde a súa chegada ao club.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade