Cargando resultados...
O Deportivo ficha a Álvaro Fernández, porteiro do Sevilla
Xa pasou o recoñecemento médico e asinará ata 2027
G24.gal
29/12/2025 13:39
Última actualización 29/12/2025 17:46
O primeiro reforzo do Deportivo no mercado invernal será un porteiro. Álvaro Fernández, meta que xa se relacionou cos coruñeses durante o mercado de verán, asinará cos coruñeses ata 2027.
Os brancos e azuis fanse cun xogador que tentaron incorporar durante o mes de agosto. Tras a saída de Helton Leite, os coruñeses fixáronse no porteiro pero o alto prezo establecido polo Sevilla para permitir a súa saída acabou desbaratando a operación.
Coa chegada de Álvaro Fernández, o Deportivo blinda a súa portería e faise cun porteiro con experiencia en Primeira División. Un seteiro que estaba próximo a estampar a súa firma co Racing de Santander.
Unhas preguntas rápidas ❓🤔 pic.twitter.com/tcIu9Fj7o0
— RC Deportivo (@RCDeportivo) December 29, 2025