Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo, en postos de ascenso directo case sete anos despois

O Deportivo, en postos de ascenso directo case sete anos despois

Esta circunstancia non sucedía desde a décimo oitava xornada do curso 2018-19

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 15/09/2025 17:30 Última actualización 15/09/2025 17:38

O Deportivo, que o vindeiro venres durmirá líder de Liga se vence a SD Huesca en Riazor, pechou a quinta xornada en postos de ascenso directo a Primeira División, algo que non sucedía desde a décimo oitava xornada do curso 2018-19, cando se situou a dous puntos do líder Granada tras derrotar o Zaragoza (3-1) en Riazor.

A goleada ante o Mirándes (1-5) e o tropezo do Sporting fronte ao Burgos (2-3) permitiron ao conxunto dirixido por Antonio Hidalgo levantarse á segunda posición grazas ao seu mellor diferencial de goles (+7) respecto ao Real Valladolid (+6) e o Cádiz (+3).

O Deportivo, ademais, é un dos catro equipos que se mantén invicto con tres vitorias (Granada, Sporting e Mirandés) e dous empates (Burgos e Leganés). Os outros equipos que aínda non foron derrotados son o Leganés (unha vitoria e catro empates), Valladolid e Cádiz (ambos con tres vitorias e dous empates)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade