Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo e o Valladolid miden a súa mala serie en Riazor

O Deportivo e o Valladolid miden a súa mala serie en Riazor

G24.gal 25/10/2025 12:55

O Deportivo intentará, na noite do domingo, acabar coa minicrise das últimas xornadas. Catro partidos sen gañar e dúas derrotas consecutivas como visitante. Os brancos e azuis contarán, ante o Valladolid, co apoio de Riazor para reencontrarse coa vitoria nunha categoría que non dá tregua.

Antonio Hidalgo ten problemas nos laterais coas lesións de Ximo Navarro e Escudero. Aí entra en xogo a polivalencia de futbolistas como David Mella, fundamental na banda dereita.

O Valladolid tampouco presenta bos números nas últimas xornadas. Só un triunfo en cinco encontros. O seu adestrador, Guillemo Almada, ten claro o que o seu equipo debe facer en Riazor.

Un punto separa o Deportivo e o Valladolid na apertada clasificación desta Segunda División.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade