Cargando resultados...
O deportivismo celebra o ascenso
O equipo coruñés volve ser de Primeira oito anos despois
Os seareiros celebran a fazaña na Coruña e en Valladolid
G24.gal
24/05/2026 18:51
A noite vai ser longa na Coruña.
Tras a vitoria no estadio José Zorrilla, o equipo logrou o ansiado ascenso a Primeira División, oito anos despois. E aí estaba a afección para celebrar a fazaña.
Afeccionados do Deportivo no estadio José Zorrilla de Valladolid. EFE/ Pablo Requejo
Tanto os seareiros que viaxaron ata Valladolid como os que quedaron na cidade herculina. A troula comezou nada máis rematar o partido nas dúas cidades. Os xogadores, que se sumaron á festa, volven esta mesma noite á Coruña.
A zona dos arredores de Riazor está a ser un punto neurálxico. Tamén a praza de Catro Camiños.