Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo despide o ano cun traballado triunfo en Ceuta (1-2)

O Deportivo despide o ano cun traballado triunfo en Ceuta (1-2)

É a segunda vitoria consecutiva do equipo coruñés

Quiles de penalti e Villares acadaron os goles

Foto: @RCDeportivo
G24.gal 18/12/2022 14:14

O Deportivo pecha o ano no cuarto posto e a catro puntos do liderado logo dun máis que sufrido triunfo en Ceuta. O pechacancelas da táboa parecía unha víctima propicia para os de Óscar Cano, máis aínda logo dun inicio esperanzador por parte dos brancoazuis, que xa gañaban no minuto cinco logo dun penalti forzado por Svensson e transformado por Alberto Quiles.

O Ceuta acusou o golpe e o Deportivo controlaba a situación con comodidade dificultando as combinacións do seu rival. Tanto, que Diego Villares repetíu a mesma acción da pasada xornada ante o Rácing de Ferrol. Roubo e gol para dobrar a vantaxe dos coruñeses. Era o minuto 24, e nada facía presaxiar o que sería o resto do encontro.

A recta final do primeiro tempo anunciaba o que pasaría na segunda metade. Alberto Reina estivo a piques de marcar por dúas veces. O longueiro primeiro e Ian Mackay despóis evitaron o un a dous antes do paso polos vestíarios. Pero o gol ceutí acabaría chegando aos doce minutos da reanudación. Adri Cuevas rematou un servicio de Alain para darlle toda a emoción ao que quedaba de encontro. Os locais acumularon ocasións, pero carececeron de efectividade. Aguantou finalmente o Deportivo, mesmo con dez nos últimos minutos pola expulsión de Víctor Narro. Co asubío final terminou un choque con máis puntos que xogo para o conxunto deportivista.

Tras o partido, Óscar Cano explicou que a expedición deportivista viaxou a Ceuta presa dun virus estomacal, e que moitos xogadores tiveron problemaqs durante a noite e mesmo durante o partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos