O Deportivo defende o liderado na Rosaleda sen Ximo Navarro
Hidalgo apostará por Miguel Loureiro para o lateral dereito
"Ximo vai estar meses fora"
Este domingo, ás 21:00, o Deportivo defende o liderado na Rosaleda ante o Malága. Ás baixas de Mella e Noubi, polos compromisos internacionais, súmase a coñecida esta semana, a de Ximo Navarro. O lateral dereito tivo que ser substituído na segunda metade do encontro ante o Almería e as probas médicas determinaron que se trata dunha lesión no tendón proximal do isquiotibial da perna dereita. Antonio Hidalgo confirmou que "estará meses fora dos terreos de xogo".
Para suplir a baixa no carril dereito, o técnico de Granollers di que a solución non pasa por fichar a alguén, senon por amoldar outros xogadores a esa posición ou contar con efectivos do Fabril. A decisión semella bastante clara para Hidalgo. "Loureiro xa xogou nesa posición conmigo".
O Málaga está postos de descenso, 19º con 8 puntos e nunha situación crítica. A pesar da posición do conxunto andaluz, Hidalgo ten claro que "vai ser un partido igualado que vai estar definido polos detalles".