Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo defende liderado ante o terceiro clasificado

O Deportivo defende liderado ante o terceiro clasificado

G24.gal 20/11/2021 13:05

Logo da atípica xornada vivida a pasada fin de semana, o Deportivo defenderá o seu liderado visitando a outro rival da zona alta da táboa. O Raio Majadahonda, terceiro clasificado e a tres puntos dos coruñeses, e que só perdeu un partido como local, ante o Rácing de Ferrol, será unha proba interesante para os de Borja Jiménez, que levan trece puntos sumados dos últimos quince. O Deportivo ten a ocasión de aumentar diferenzas, aínda que o seu adestrador mirá máis alá.

"O importante vai ser abril e maio", dixo Borja en sala de prensa.

Tamén ten clarísimo Borja que a afección volverá a estar co equipo, como en cada desprazamento. Preto dun milleiro de seareiros brancoazuis animarán no Cerro del Espino.

"É un fenómeno sociolóxico que se debería estudar, ese compromiso".

Mañá as doce do mediodía, o Deportivo intentará seguir coa súa boa xeira de resultados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar