Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo cre que está a ser prexudicado polas arbitraxes e as lesións

O Deportivo cre que está a ser prexudicado polas arbitraxes e as lesións

Os coruñeses están en descenso na terceira categoría, a súa peor clasificación en cento dezasete anos de vida

G24.gal 17/10/2023 16:57 Última actualización 17/10/2023 17:08

Na Primeira Federación moitos apuntaban un favorito.

Fernando Soriano: "O nome do Deportivo fai ver a grandeza deste club. Somos o equipo a derrotar".

Pero as polémicas arbitrais non tardaron. E con elas, as queixas.

Fernando Soriano: "Se a moeda cae sempre no mesmo sentido, teremos que amosar algunha queixa".

Yeremay, Mella, Barbero... As lesións medraron e os laios tamén.

Íñigo Idiákez: "Preocúpame o nivel de agresividade que teñen os rivais con nós".

Antes chegou outubro, caeron Navarro e Pablo Martínez. A expulsión deste e un gol en fóra de xogo levaron a Idiakez á incredulidade.

Íñigo Idiákez: "Non creo o que estou vivindo. Temos moi mala sorte".

Como para non crelo. Por fas ou por nefás, o Deportivo está en descenso na terceira categoría, a súa peor clasificación en cento dezasete anos de vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade