Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo, convidado de excepción na festa do Elxe (0-4)

O Deportivo, convidado de excepción na festa do Elxe (0-4)

O equipo ilicitano ascende á Primeira División diante dun cadro coruñés que apenas presentou batalla

O máis destacado do partido, as despedidas de Pablo Martínez, Jaime Sánchez e o utilleiro Suso Méndez

G24.gal 01/06/2025 20:15

Rematou a temporada do peor xeito para o Deportivo. Coa cuarta derrota consecutiva e asistindo como espectador de excepción á festa dun Elxe que paseou por Riazor no seu regreso á Primeira División. Que historia tivo o partido? Ningunha. Aos catro minutos Mourad marcaba o primeiro para o equipo visitante e aí remataba o encontro. 

Á media hora xa gañaba por 0-3 cos tantos de John Chetanya e de Germán Valera. Era unha marcha triunfal do Elxe sen capacidade de resposta por parte dun Deportivo no que xogaron no equipo titular Diego Gómez, Patiño, Guerrero ou Kevin. 

O máis destacado foron as despedidas. Ao comezo do partido houbo homenaxe a Pablo Martínez e Jaime Sánchez. No descanso o aplaudido foi o utilleiro Suso Méndez, que deixa a entidade despois de corenta anos. Yeremay entrou no minuto 55 do segundo tempo e quedará a dúbida de se foron os últimos minutos coa camisola do Deportivo. 

O definitivo 0-4 chegou no minuto 89, gol marcado por Bigas. O equipo de Éder Sarabia regresa á Primeira pola porta grande despois de dúas temporadas en Segunda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar