O Deportivo cede o empate no engadido en Ipurúa (1-1)
Yeremay adiantou ao cadro coruñés desde o punto de penalti
No treito final dominou o Eibar, que acabou empatando no 93'
O Deportivo segue invicto neste inicio de temporada
Sufriu o Deportivo para volver cun punto de Ipurúa tal e como anunciou que sucedería o seu técnico nas horas previas. Conseguiuno gracias o talento e acerto de Yeremay no primeiro tempo o converter un penalti de Marco Moreno a Stoichkov no minuto once.
O canario ademáis creou as mellores oportunidades coruñesas nun partido con dúas partes claramente diferenciadas. A primeira de control deportivista, que puido marchar o descanso cunha vantaxe máis ampla.
O outro gran artífice do empate foi Germán Parreño que sostivo o seu equipo nunha segunda metade de claro dominio vasco. Nove intervencións realizou o meta ilicitano nos segundos corenta e cinco minutos, nos que tamén resultou determinante a entrada de Adu Ares que mudou a faciana do seu equipo. De feito o bilbaíno logrou o tanto da igualada no minuto dous do engadido en pleno acoso guipuscoano.
Os azulgrá incluso puideron facerse coa vitoria na xogada seguinte nunha cabezada de Bautista rexeitada por Parreño. Malia todo, o empate permítelle o Deportivo manterse invicto.