Cargando resultados...
O Deportivo busca o primeiro paso cara o ascenso contra o Linares
G24.gal
04/06/2022 13:57
Riazor e a afección deben ser determinantes na recta final do duro camiño emprendido polo Deportivo para volver ao fútbol profesional. O Linares, esta noite, será o penúltimo obstáculo. E para axudar a superalo, estarán os sempre fieis seareiros brancos e azuis.
Pois para recuperar esa categoría, o equipo coruñés afrontará a semifinal ante un equipo que gañou oito dos seus dez últimos partidos. Ante o Linares, Borja Jiménez foxe de favoritismos.
E todo, coa presión de conseguir un obxectivo case obrigatorio. Desa presión tampouco quere saber nada o adestrador deportivista. E por suposto, a xogar ao fútbol, que seguro que tamén axuda.