Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca sofre ata o 93 para derrotar o Vilalonga na Copa

O Deportivo Abanca sofre ata o 93 para derrotar o Vilalonga na Copa

Millene marcou o gol da vitoria (0-1) no treito final do engadido

G24.gal 11/09/2024 21:52

Hai uns días o Deportivo Abanca fixo unha gran defensa da súa portería diante do Barcelona. Pareceron imitala as xogadoras do Vilalonga, que realizaron un esforzo defensivo sobresaínte e a piques estiveron de eliminar un equipo da Primeira División na Copa da Raíña. 

No primeiro tempo o Deportivo viu como lle anulaban dous goles. Levou o peso, pero custoulle moito xerar ocasións. Na reinicio, malia meter trocos, a cantidade de oportundiades foi a menos. Só unha cabezada de Millene no terceiro minuto do engadido lle permitiu ao cadro de Irene Ferreras respirar no treito final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos