Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo Abanca perde en Riazor diante do Madrid CFF (1-2)

O Deportivo Abanca perde en Riazor diante do Madrid CFF (1-2)

Foto: @MadridCFF
G24.gal 28/09/2025 21:06

Dolorosa a primeira derrota en Riazor para o Deportivo Abanca ante un rival que chegaba empatado a puntos, o Madrid Club de Fútbol.
O equipo coruñés sentiuse prexudicado por esta decisión arbitral, a de indicar penalti de Henar cando envía fóra o balón que conducía Anita Marcos. Tras as protestas e unha longa revisión, a árbitra ratificouse e así a brasileira Monica Hickmann puxo por diante o Madrid cando xa se lle engadiran 12 minutos ao primeiro tempo.

O Deportivo amosou unha gran mellora logo do descanso e conseguiu empatar cando Ainhoa María filtrou un soberbio pase que recolleu con mestría Paula Monteagudo. A canteirá, a xogadora viguesa, marcaba así o seu primeiro gol en Primeira División.

Nestes mellores momentos locais, Ainhoa Marín, que foi de novo a máis destacada, ofreceulle tamén o gol da vitoria a Marisa. Pero disparou fóra, unha acción desfortunada, que resultaría decisiva.

Así foi como o Madrid levou os tres puntos. Cun primeiro aviso que petou no pau. E, nesa recta final á que chegaron máis fortes, acabaron gañando cun gol no minuto 89. Marcou a defensa catalá Nuria Mendoza.

Foi a segunda derrota consecutiva para o Deportivo, que segue de noveno con 5 puntos en 5 xornadas. O partido deixou a boa nova do regreso da dianteira brasileira Millene.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade