Cargando resultados...
O Deportivo Abanca busca seguir coa boa serie no campo do Español
O equipo de Fran Alonso quere sumar mañá (12:00 h) a sexta xornada sen perder
G24.gal
01/03/2025 15:04
O Deportivo Abanca adestrouse esta mañá para marchar despois cara a Barcelona. Comeza o mes de marzo visitando mañá o Español.
Chega a esa cita logo dun moi bo comezo de ano, con cinco xornadas sen perder. Buscará a sexta diante dun rival directo que na primeira volta conseguira asaltar Riazor. Un gol de Ainoa, nunha acción a balón parado, déralle os tres puntos ao Español no peor momento da temporada do Deportivo.
Agora cambiaron moito as cousas. O equipo de Fran Alonso ten sete puntos de marxe co descenso e dous de vantaxe co Español, que non gaña desde comezos de decembro. Un triunfo achegaría moito a permanencia.