O Deportivo Abanca aperta ao Real Madrid, pero acaba perdendo con dous penaltis (2-4)
Lucía adiantou ás galegas, e Espe igualou a dous antes da media hora
Os dous últimos goles de Weir chegaron nos minutos finais, despois de senllos penaltis
O Deportivo Abanca caeu en Riazor diante do Real Madrid, nun partido en que as galegas soñaron coa sorpresa, pero acabaron cedendo por culpa de dúas penas máximas, que as deixa con 17 puntos en 18 xornadas, e oito puntos por riba da zona de perigo.
A falta de quince minutos había un empate a dous no marcador. Foi o equipo herculino o primeiro en marcar. Ós catorce minutos poñíase por diante cun gol de Lucía Martínez. O Real Madrid pouco deixo disfrutar desa renda. Dous minutos despois igualaba Rocío. E no 20 Bruun poñía por diante ó equipo branco.
Pero non estaba todo dito. Foron minutos trepidantes, catro goles e aínda non se chegara á media hora de encontro. No 25, Espe Pizarro igualaba de novo o partido, co seu terceiro gol esta temporada. Marcaba por segunda semana consecutiva.
Con ese marcador chegábase ó descanso. Resultado que se mantivo ata o treito final. O árbitro sinalaba dous penaltis, un no minuto 73 e outro no 89. Os dous resoltos con gol de Weir.