O deportivismo perde un dos seus referentes coa saída de Mario Soriano
O mediapunta foi o xogador de campo con máis minutos en toda a tempada pasada
Marcha un xogador que se converteu nun ídolo do deportivismo con só 21 anos
Marcha Mario Soriano cara a Éibar, e con el vaise unha parte do deportivismo.
Chegou dende os xuvenís do Atlético de Madrid no verán da tempada 2021-2022, e só en dous anos xa se converteu no ollo dereito de Riazor.
Neste tempo converteuse este ano nunha das pezas chaves para todos os adestradores. A aposta polo xogador por parte de Borja Jiménez, Óscar Cano e Rubén de la Barrera fixeron do mediapunta o xogador de campo máis enpregado en todo o ano (3.084 minutos entre 1.ª RFEF e a Copa do Rei).
O xogador é xunto a Ian Mackay o único futbolista que supera os 3.000 minutos, e disputou 281 minutos máis que o seguinte, o central Pablo Martínez (2.803 minutos).
Soriano marcha á Segunda División despois de anotar 13 goles e repartir 9 asistencias en 71 encontros, mais non marcha só un futbolista chave para o equipo, marcha un ídolo para toda a afección.
O 10 deportivista, malia ter ofertas superiores, loitou por volver a tempada pasada a Riazor dende o Atlético de Madrid. Ademais, tamén rexeitou este ano numerosas ofertas de Segunda División, polo que representaba á perfección os valores do xogador, que realmente quería estar no Deportivo, indispensable para a afección.
Vaise Mario Soriano, e, aínda que semella que podería volver a próxima tempada se o Deportivo consegue o ascenso, a afección queda este ano sen un dos seus ídolos.