O Dépor anuncia recomendacións para os afeccionados que acudan ao Teresa Herrera
Haberá cortes de tráfico e deberán levar lentes homologadas
O R. C. Deportivo trasladou recomendacións de seguridade para a xente de cara ao encontro de hoxe do Teresa Herrera fronte ao Real Madrid.
Cortes de tráfico
O Concello da Coruña previu cortes ao tráfico rodado desde as 19:00 horas nas seguintes vías:
-Paseo Marítimo
-Avenida Manuel Murguía
-Avenida da Habana
Por este motivo, o Club recomenda aos afeccionados planificar con antelación os seus desprazamentos cara a Abanca-Riazor, ademais de acudir ao estadio e entrar con tempo suficiente para evitar aglomeracións nos accesos.
Recomendacións para protexerse da eclipse
A eclipse poderá observarse desde diferentes zonas de Abanca-Riazor, concretamente en Pavillón Superior, Pavillón Inferior —nas primeiras filas do córner da esquerda— e Preferencia.
Os expertos lembran que é imprescindible utilizar lentes homologadas para a observación solar durante todo o fenómeno, previsto aproximadamente entre as 19:30 e as 21:30 horas.
A única excepción será durante a fase de eclipse total, que terá lugar exactamente entre as 20:28:13 e as 20:28:56 horas, cando non será necesario utilizar lentes.
Dende o club manifestan isto para que a celebración do encontro transcurra da mellor forma posible. Se non vas velo en Riazor, ás 21:00 emitirémolo na TVG e en AGalega. Porque, recorda, o fútbol e este Dépor-Real Madrid, mellor á Galega.