Publicador de contidos
Publicador de contidos

O criminólogo Barrueta perpetra a estrea soñada polo Leyma na ACB

O criminólogo Barrueta perpetra a estrea soñada polo Leyma na ACB

"Tivemos moita fe, toda A Coruña empurrou a tripla final", asegurou Diego Epifanio ao acabar o partido

G24.gal 30/09/2024 21:08

Que se saiba, Diego Epifanio non ten unha bóla de cristal para adiviñar o futuro, pero algo sospeitaba. A Coruña tiña o un plan: pasalo a tope na primeira experiencia ACB. Gañar parecía utopía.

O Leyma, dirixido por un Taylor maxistral, 20 puntos, e un Jakovics moi certeiro, 18, resiste. Os centímetros de Atou Diagne compiten cos de Tavares. O debutante sae rabudo. Nos plans do novato non está torcer o brazo mentres poida nadar. Así entra a tirapuxa nos últimos dez segundos, cando Taylor penetra, saca a bóla atrás e a bomba de precisión de catro puntos de Barrueta estoupa: non erra Yunior, pero si Llull sobre a bucina. O Coliseum entra en éxtase.

Así foi como Taylor lle fixo un traxe ao campión, como Barrueta, criminólogo titulado, perpetrou a estrea soñada polo Leyma e como o Madrid reviviu o vello mestre porque poucas veces foi tan certo que lle quitaron a festa dos fociños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade