Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		O Coruxo reconcíliase coa súa afección cunha goleada (3-0)
Goleou o Langreo con tantos de Hugo Rodri, Borja Domínguez e Andriu
                            G24.gal
                        
                            24/11/2024 14:07
                        
                        
                        
                        
                    
                    O Coruxo gañou no seu campo do Vao por 3-0, un resultado que lle permite reconciliarse coa súa afección despois dun inicio dubitativo de campionato como local no que só acadara un triunfo.
Derrotou a un Langreo co que empata a dezasete puntos na zona media da clasificación e afasta o descenso a seis puntos. Os goles de Hugo Rodri (23'), Borja Domínguez (70') e Andriu (92') aseguraron un triunfo claro e xusto do equipo de David de Dios.