Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Coruxo non é quen de sacar nada positivo do inexpugnable campo do Adarve

O Coruxo non é quen de sacar nada positivo do inexpugnable campo do Adarve

G24.gal 30/01/2022 12:49

O inexpugnable campo do Unión Adarve (9 de 9 triunfos para o líder da categoría) foi demasiado para un Coruxo que perdeu por 2-1 pagando un mal primeiro tempo. 

De feito, antes do minuto 2 xa gañaban os locais cun golazo de Álvaro Portero. 

O propio Portero faría o 2-0 no minuto 18 encamiñando o triunfo para o Unión Adarve. O Coruxo saiu dun xeito moi diferente na segunda metade, máis ambicioso e metendo o medo no corpo a un líder que tremeu despois do golazo de chilena de Youssef. 

Malia dispoñer dalgunha oportunidade e ser dominador do partido o Coruxo non tivo opción para sacar algo positivo de Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade