Cargando resultados...
O Coruxo estraga a oportunidade de situarse no cuarto posto
Empatou 2-2 no Vao diante do Móstoles
G24.gal
03/04/2022 21:04
Cinco equipos en tres puntos e dous terán o premio de xogar a fase de ascenso a Primeira Federación. Así afrontarán as seis últimas xornadas. Era unha gran oportunidade a que tiña o Coruxo para meterse nesas prazas pero acabou cedendo un empate contra o Móstoles.
E iso que tivo fútbol e acerto para remontar o gol inicial de Álvaro Sánchez. Álex Ares atopou a escadra xusto antes do descanso e Youssef Al Watani cazou un centro e marcou o sexto gol en nove partidos, unha fichaxe de inverno que amosa a súa rendibilidade.
Faltoulle unha pinga de sorte ao Coruxo porque no treito final Álvaro Sánchez, que xa leva 15 goles, rematou de cabeza e impediu que o equipo vigués rematase a xornada no cuarto posto.