Publicador de contidos

Publicador de contidos

O coronel Morato considera que os tanques occidentais non van ser decisivos na guerra de Ucraína

O coronel Morato considera que os tanques occidentais non van ser decisivos na guerra de Ucraína

Nunha entrevista na Radio Galega, o coronel Manuel Morato Ferro, exagregado de Defensa en Moscova, asegura que os pasos que se están dando na guerra en Ucraína "non van na liña da paz" e a fin do conflito está cada vez máis afastada

G24.gal 27/01/2023 10:07

O coronel Manuel Morato asegura que os últimos acontecementos en relación coa guerra de Ucraína conducen a unha escalada no conflito. No caso de España, a cifra de carros de combate que se envíen ao exército ucraíno vai depender da capacidade de converter en realmente operativos os tanques dos que pode prescindir o exército español sen comprometer a propia seguridade.  

"Non é o mesmo levar carros a un desfile que levalos á guerra. Non vamos darlles uns carros que poidan ser máis un problema que unha axuda".

Con todo, para o coronel Morato, os tanques que poidan enviar os países occidentais implicados no apoio militar a Ucraína non van decidir o futuro do conflito. 

"Que estes carros vaian ser decisivos na guerra cústame crelo. Entre outras cousas, porque non estamos falando dunha guerra de carros de combate exclusivamente, nin moito menos".ñ

O coronel Morato insistiu en que o envío de armamento ofensivo a Ucraína supón un salto cualitativo por parte dos países occidentais que pode ter consecuencias de todo tipo. 

"España desde o primeiro momento está apoiando claramente a Ucraína. España podería seguir con ese apoio político, que é moi importante, e cun apoio militar que se pode ir definindo en cada momento de acordo coa situación, pero sen chegar a unha implicación moi clara na guerra, porque esa implicación pode ter consecuencias perigosas".

Con esta situación, o coronel Manuel Maroto advirte que a fin do conflito está cada vez máis lonxe.

"Neste momento, os pasos que se dan non van na liña da paz. Desgraciadamente, o que estamos é escalando e cada vez vese máis afastada a fin".

Para o coronel, o asunto máis importe neste momento é a escalada da guerra e o que significa politicamente.

"Para Rusia, o feito de que Alemaña dera o paso de enviar carros de combate supón un golpe forte, porque nas últimas décadas foi un dos seus principais socios".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade