Publicador de contidos

Publicador de contidos

O conxunto de España, a piques de saír do máximo risco de transmisión da covid

O conxunto de España, a piques de saír do máximo risco de transmisión da covid

Este martes superáronse os 11 millóns de contaxios desde o comezo da pandemia

Galicia continúa sendo a comunidade coa menor taxa de ocupación en UCI de pacientes covid, pero tamén coa incidencia máis alta

O 5 de marzo levántase a corentena de todos os contactos estreitos

G24.gal 01/03/2022 19:02

O Ministerio de Sanidade publicou este martes unha nova actualización dos datos da covid despois de que o luns non puideran actualizarse debido a un erro técnico.

A incidencia continúa descendendo en todas as comunidades e no conxunto de España sitúase nos 515,1 casos por cada 100 habitantes. O nivel de risco moi alto establécese por encima dos 500 casos, unha cifra que parece que baixará nos próximos días de seguir coa tendencia actual.

A pesar de que Galicia é a comunidade coa menor taxa de hospitalizados en coidados intensivos por mor do coronavirus, tamén é a que presenta unha maior incidencia.

Ademais, a comisión de Saúde Pública acordou que a partir do 5 de marzo non sexa obrigatorio facer corentena a todos os contactos estreitos de casos positivos, que ata agora debían gardar as persoas non vacinadas. 

En canto aos falecidos por Covid-19, notificáronse 473, dos cales 358 rexistráronse na última semana. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 99.883 persoas.

Actualmente, hai 6.478 pacientes ingresados por Covid-19 en toda España e 962 nunha UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 609 ingresos e 876 altas. A taxa de ocupación de camas ocupadas por coronavirus sitúase no 5,23 por cento e nas UCI no 10,47 por cento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade