Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 5 de marzo elimínase a corentena dos contactos estreitos

O 5 de marzo elimínase a corentena dos contactos estreitos

A medida notarase especialmente nas escolas

G24.gal 01/03/2022 18:14

A Comisión de Saúde Pública acordou este martes levantar a partir do 5 de marzo a obrigación de facer corentena a todos os contactos estreitos dos casos positivos de coronavirus, que ata o de agora debían gardar as persoas non vacinadas, o que se notará principalmente nas escolas.

Os directores xerais de saúde pública do Ministerio de Sanidade recomendan, con todo, que durante os 10 días posteriores á última exposición, extremen as precaucións e reduzan todo o posible as interaccións sociais, utilizando de forma constante a máscara e mantendo a hixiene de mans, evitando especialmente o contacto con persoas vulnerables.

Esta medida deixarase sentir especialmente nas escolas onde, a partir do próximo martes, non será necesario pechar aulas nin os nenos deberán facer corentena cando na súa clase haxa cinco positivos ou máis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade