Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Consello Europeo de Innovación financia un proxecto galego de biotecnoloxía para loitar contra o pé diabético

O Consello Europeo de Innovación financia un proxecto galego de biotecnoloxía para loitar contra o pé diabético

Buscan un fármaco contra unha doenza que provoca complicacións moi serias nos pacientes, mesmo a amputación das extremidades inferiores

G24.gal 06/02/2023 14:30

"É unha axuda do Consello Europeo de Innovación que nos escolleu entre máis de 850 solicitudes en toda Europa", explica Juan Sebastián Ruiz, CEO de Lincbiotech. O seu equipo de doutores e licenciados en Bioloxía Molecular celebran que acaba de recibir o apoio de Europa para desenvolver moléculas que loiten contra o pé diabético. Podería ser toda unha revolución para o tratamento dunha doenza que causa 200 amputacións ao ano no país. Pero a tecnoloxía en que traballan será úitil tamén para outras doenzas.

 "En todas as enfermidades que son autoinmunes, reumáticas, inflamatorias hai un exceso de proteínas. Proteínas importantes porque cando están na cantidade correcta permítennos curarnos, pero cando están en exceso provocan doenzas. Nós o que facemos é indicarlle á célula cal é a proteína que está en exceso e dicirlle que debe usar a súa propia maquinaria para eliminalas", expica Juan Sebastián Ruiz, CEO de Lincbiotech.

As moléculas que crean dirixen as proteínas excesivas á papeleira de reciclaxe das células para que restaurar os niveis normais.

A axuda pública de tres millóns de euros que van recibir da UE debe complementarse con investimentos privados que aínda están por conseguir.

Pero a concesión da axuda é esperanzadora por si mesma porque valora a capacidade concreta deste proxecto para achegar solucións para os pacientes.

A investigación está en fase moi temperá. Esperan estar en condicións en 24 meses de realizar estudos con animais e, en cinco anos, estar listos para os ensaios clínicos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar