Cargando resultados...
O Consello da Xunta aprobará este venres o seu teito de gasto dos orzamentos
Alfonso Rueda lamentou non ter información dos presupostos estatais para poder confeccionar os galegos
G24.gal
29/07/2025 15:47
O Goberno galego dará o primeiro paso para aprobar os presupostos este venres.
Aprobará en Consello da Xunta extraordinario o máximo que vai gastar, o chamado teito de gasto dos orzamentos.
Avanzouno o presidente Alfonso Rueda, quen tamén lamentou non ter información dos presupostos estatais para poder confeccionar os galegos.
Rueda cre que o Executivo debería presentar xa as súas contas e considera que non o fai porque carece do apoio dos socios parlamentarios para poder aprobalas no Congreso.