Publicador de contidos

Publicador de contidos

O conselleiro de Sanidade supedita as festas de aninovo á presión asistencial

O conselleiro de Sanidade supedita as festas de aninovo á presión asistencial

Julio García Comesaña anuncia novas restricións se empeoran os datos hospitalarios

G24.gal 25/12/2021 13:43

O conselleiro de Sanidade fai unha nova chamada á prudencia e pídelle, sobre todo á poboación moza, que reformule as celebracións e reduza as interaccións sociais durante estas datas. 

Nunha entrevista a Europa Press, asegura que de seguir empeorando as cifras, sobre todo no eido asistencial, a principios de semana poderían establecerse novas restricións, "no ámbito de limitar a mobilidade".

"Pode comezar con esas interaccións masivas que probablemente se dean nas festas de fin de ano; as cabalgatas é outro tema que nos preocupa e hai que buscar solucións, como poden ser as cabalgatas estáticas; e en xeral calquera evento que xere interacción. Todos eses eventos están enriba da mesa".

Segundo Julio García Comesaña, a situación se está a complicar pola expansión da variante ómicron, que nalgunha área galega chega a representar o 76 % dos casos detectados. De feito, di que en pouco tempo será a cepa dominante na comunidade.

Sobre a ampliación do uso do certificado da covid para menores de once anos, matiza que probablemente non se lles vai esixir ata que reciban a segunda dose. E en todo caso, adianta que non se implantará nin nos colexios nin nos comedores escolares.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade