Cargando resultados...
O Congreso aproba este xoves os segundos presupostos do Goberno de coalición
O BNG vai ser a única formación que apoiou a elección de Pedro Sánchez que se vai abster
.png)
G24.gal
25/11/2021 08:29
O Congreso aprobará este xoves os segundos presupostos do Goberno de coalición PSOE/Unidas Podemos. Volve conseguir unha das maiorías máis amplas a unhas contas públicas, 182 deputados de oito partidos diferentes.
O BNG vai ser a única formación que apoiou a elección de Pedro Sánchez que se vai abster, pois non se lle aceptaron ningunha das súas emendas parciais.
Tamén esta pendente o voto do PNV, que segue negociando; os nacionalistas vascos non anunciaron formalmente a súa posición, pero todo apunta a que van apoiar.