Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Congreso aproba este xoves os Orzamentos Xerais do Estado

O Congreso aproba este xoves os Orzamentos Xerais do Estado

O proxecto de lei xa ten asegurados os 174 votos que necesita para ser aprobado por maioría simple, e Esquerra Republicana podería apoiar tamén o documento

A oposición critica que o Goberno cedese as competencias de tráfico a Navarra para obter o apoio de Bildu

G24.gal 23/11/2022 18:31 Última actualización 23/11/2022 21:10

O Pleno do Congreso aprobará este xoves o proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, previsiblemente cunha ampla maioría e coa incorporación de máis de duascentas emendas.

Polo momento, o proxecto de lei xa ten asegurados os 174 votos que necesita para ser aprobado por maioría simple: PSOE (120), Unidas Podemos (33), PNV (6), EH Bildu (5), PDeCAT (4), Coalición Canaria (2), Más País (2), Compromís (1) e PRC (1).

Aínda así, todo apunta a que finalmente ERC (13) confirmará o seu apoio ás contas. De feito, xa incorporou un bo número de emendas. Iso ampliará a maioría ata os 187 votos favorables.

En cambio, o Orzamento non contará finalmente co voto de Teruel Existe, que si apoiou as contas de 2021 e 2022 e xa incluíu máis de dez millóns de euros en investimentos durante o trámite en Comisión, xa que non se aceptou a súa proposta de elevar as bonificacións en cotizacións sociais en provincias despoboadas.

Os ministros defenden os seus orzamentos

Na xornada deste mércores, os ministros continuaron defendendo os orzamentos dos seus departamentos, nun debate que arrincou con certa polémica pola decisión de traspasar a Navarra as competencias de tráfico.

A vicepresidenta de Asuntos Económicos Nadia Calviño asegurou que agora é "máis importante que nunca dispoñer duns orzamentos aprobados en tempo e forma" porque envían unha mensaxe "clara" de estabilidade política e porque son un exemplo de "política económica ben entendida".

A vicepresidenta de Transición Ecolóxica Teresa Ribeira defendeu a "política decidida" do Goberno en materia de loita contra o cambio climático e mostrou a súa "preocupación" pola falta dun interlocutor no PP que poida "manter un diálogo serio, construtivo", en lugar de lanzar "mentiras".

Pola súa banda, a ministra de Industria Reyes Maroto argumentou que os orzamentos do próximo ano permitirán "afrontar un contexto de incerteza" como o actual.

A oposición critica que o Goberno cedese as competencias de tráfico a Navarra para obter o apoio de Bildu

Para a voceira do Partido Popular Cuca Gamarra, estes orzamentos son unha concesión ao independentismo vasco. 

O voceiro do PSOE, Patxi López, lembroulle que Euskadi tamén ten as competencias de tráfico e iso non rompeu España.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade