Defensa cancela os permisos dos militares destinados en Ceuta desde o 13 de agosto
A medida estará vixente ata nova orde e só se permitirán excepcións debidamente xustificadas
Europa Press-Arquivo
A Comandancia Xeral de Ceuta ordenou cancelar, a partir do vindeiro xoves 13 de agosto e ata nova orde, todos os permisos dos militares destinados na cidade autónoma.
A orde, asinada polo xeneral da Comandancia Xeral de Ceuta, establece que só poderán manterse os permisos en casos excepcionais, que deberán estar debidamente xustificados e contar coa autorización do xefe da unidade correspondente.
A medida implica que os efectivos que actualmente se atopan de vacacións na Península ou noutros países deberían regresar aos seus destinos, segundo explicou o presidente da Asocicación de Tropa e Mariñaría Española (ATME), Marco Antonio Gómez.
Desde esta asociación relacionan a decisión coa situación vivida en Cuea tras a entrada masiva de 72.000 perosas procedentes de Marrocos a semana pasada e coa posibilidade dunha nova entrada multitudinaria o vindeiro sábado, día 15, tras detectar chamamamentos nas redes sociais.
Ceuta conta con miles de militares destinados en unidades como a Lexión, o Grupo de Regulares de Ceuta 54, o Rexemento de Cabalería Montesa 3 ou o Rexemento de Enxeñeiros.
A ATME considera que a decisión responde á responsabilidade dos militares, pero reclama que se teñan en conta as conscuencias para aqueles que deben interromper as súas vacións, especialmente polos gastos de transporte ou aloxamento xa realizados.
Segundo Gómez, algúns militares están realizando quendas de oito horas de patrulla, oito de descanso e outras oito de alerta no cuartel , uha situación qu, asegura, está a provocar un "desgaste enorme".