Multitudinaria concentración en Ceuta para reclamar medidas das autoridades e a solidariedade de España
Multitudinaria concentración en Ceuta para reclamar medidas das autoridades e a solidariedade de España
O acto foi convocado polas catro confesións relixiosas da cidade e adheríronse diversas autoridades, sindicatos e organizacións humanitarias
En parelelo, Italia queixábase dos controis aos seus cidadáns e o Goberno español sostén que esta garantido o espazo Schengen
A polémica entre os gobernos italiano e o español foi evolucionando ao longo deste domingo. O executivo de Meloni censuraba os controis impostos por España aos cidadáns trasalpinos. Considéraos "inaceptables" e explicaba que eliminará o seus propios controis cando detecte que non hai risco migratorio. E a resposta desde o Goberno español non se fixo esperar:
"Esperamos que Italia reaccione e que teña claro que o espazo Schengen non foi violado en ningún momento e está garantido", declaraba a ministra Sara Aegesen.
A ministra lembraba que ningún dos inmigrantes relacionados con esta crise puido entrar na península, mentres o delegado do Goberno na cidade autónoma admite que a situación dista de estar normalizada.
En Ceuta, miles de cidadáns concentábanse a partir das oito da tarde reclamando solucións urxentes. Foran convocados polas catro comunidades relixiosas da cidade: cristiá, musulmá, hebrea e hindú. Adheríronse a esta chamada desde o presidente ceutí, Juan Vivas, ata os sindicatos UXT e Comisións Obreiras.
"Ás autoridades pedímoslle responsabilidade, compromiso e respostas. Á sociedade española pedímoslle solidariedade", proclamaba ao final do acto o opresidente da comunidade hindú, que foi o ecargado de ler o comunicado conxunto.
Os convocantes reclaman das autoridades, e particularmente do Goberno, máis seguridade fronteiriza, maior despregamento de forzas da orde e unha solución para os 1300 menores.