Cargando resultados...
O Deportivo anuncia os abonados para a 2026/27: 29.854
Casi 30.000 persoas en total e máis de 27.000 contan con asento
G24.gal
09/08/2026 21:28
O Deportivo confirma a súa cifra final de abonados. Serán 29.854 os deportivistas con carné, dos cales 27.637 contan con asento para asistir aos partidos en Riazor.
Quedan pendentes os cambios de asento para aquelas persoas xa abonadas, que poderán facelo ata o mércores 12.
O Dépor xa está a punto para arrancar a competición. Antes, veremos na Televisión de Galicia o último partido da pretempada, o Teresa Herrera contra o Real Madrid. Será este mércores 12 de agosto ás 21:00