Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta pecha a pretemporada cun empate co Nápoles

O Celta pecha a pretemporada cun empate co Nápoles

Di Lorenzo marcou para o Nápoles no primeiro tempo

Igualou no segundo Jutglá, roubándolle un balón a De Bruyne

G24.gal 08/08/2026 23:27

A pretemporada do Celta concluíu cun empate no seu ensaio máis esixente diante do Nápoles.

O conxunto italiano comezou mellor e Di Lorenzo non tardou en darlle vantaxe. Radu evitou un gol máis e o propio Di Lorenzo enviou un balón á trabe.

Co paso dos minutos mellorou o Celta, que equilibrou o partido e o marcador nunha acción na que a loita de Ferrán Jutglá lle permitiu roubarlle un balón a De Bruyne e marcar o definitvo empate.

Os de Claudio Giráldez non tiveron ocasións claras para gañar o partido pero tampouco lle conderon opcións ao rival.

Con este partido, rematan os compromisos de pretemporada. A próxima cita será xa oficial, na liga, fronte ao Osasuna

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade