Publicador de contidos

Publicador de contidos

O concello de Vigo pagará os libros de texto dos alumnos de primaria e secundaria

O concello de Vigo pagará os libros de texto dos alumnos de primaria e secundaria

G24.gal 19/09/2022 20:50

O Concello de Vigo pagará os libros de texto de todos os alumnos e alumnas de primaria e secundaria da cidade. Serán 205 euros por estudante e cobren os libros deste ano. O alcalde Abel Caballero asegurou que intentarán aboalos en decembro.

Os únicos requisitos para acceder a estas bolsas son estar matriculado nun centro escolar de Vigo e empadroado na cidade. O concello destinará máis de 5 millóns de euros a estas axudas.

"Imos dar bolsas para a gratuidade dos libros de texto dos alumnos de primaria e de secundaria obrigatoria da cidade para este ano xa. Non o anuncio para o próximo curso, anúncioo para este ano xa, e vaise pagar con efecto retroactivo", explicou Caballero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade