O concello de Pontevedra devolve todos os balóns que caeron en Santa Clara
Algunhas das pelotas levaban máis de 20 anos dentro dos muros do convento
Tamén se atoparon ducias de baúis das novizas e unha gran cantidade de leite en po da axuda social americana dos anos sesenta
Xeracións e xeracións de pontevedreses xogaron ao balón ao lado do convento de Santa Clara. E moitas das pelotas acababan no interior do muro do convento.
O caso é que no horto de Santa Clara se foron acumulando balóns que nunca volvían saír, sobre todo porque o edificio estivo durante varios anos abandonado.
Hai pouco máis dun ano, o concello de Pontevedra adquiriu o convento.
E agora todos os que poidan identificar a súa pelota poderán levala de volta para a casa.
Dentro do convento atopáronse tamén ducias de baúis das novizas e unha gran cantidade de leite en po da axuda social americana dos anos sesenta.