O Concello de Ourense ameaza con desaloxar os praceiros da zona da alameda
Ás portas do Nadal, danlles 30 días para deixar os postos que ocupan desde hai 7 anos, mentres non se remataban as obras no edificio histórico
O conflito vén de vello xa e está xudicializado
Moita indignación e incomprensión é o que din que senten os comerciantes da praza de abastos de Ourense, despois de que o Concello os ameazase esta semana con dexaloxalos da localización actual e provisional que teñen na Alameda.
Ás portas do Nadal danlles 30 días para deixar os postos que ocupan desde hai 7 anos, mentres non se remataban as obras no edificio histórico. O novo conflito entre o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e os comerciantes da praza de abastos vén de vello xa e está xudicializado.
As obras do edificio histórico din os comerciantes que non están rematadas, porque aseguran que faltan todas as subministracións. Afirman tamén que a súa vontade sempre foi negociar para volver ao seu lugar. O conflito está xudicializado e semella que vai ter que ser un xuíz o que decida que facer coa praza de abastos de Ourense.