Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Lugo debe máis dun millón de euros os traballadores municipais

O Concello de Lugo debe máis dun millón de euros os traballadores municipais

A denuncia é dos seis sindicatos representados no Concello, que se xuntan por primeira vez para dar visibilidade a unha situación que, din, arrastran desde hai máis dun ano

Acumulan atrasos no pago de horas extras, complementos de produtividade ou en axudas médicas e de formación

G24.gal 12/04/2024 14:14

O persoal do Concello de Lugo levántase en contra do Goberno local polos atrasos que acumulan no pagamento de horas extras, axudas e produtividade. As débedas, denuncian, afectan todos os servizos municipais. 

"Máis dun millón de euros entre horas extra e outros conceptos retributivos que nos deben, máis dun millón de euros, que é unha contía moi grande que non temos porque estar soportando que todos temos hipotecas e fillos", explica o presidente da xunta de persoal do concello, Manuel Cerdeira.

A crise aberta polas débedas levou por primeira vez os seis sindicatos representados no Concello a facer unha fronte común para esixirlle ao Goberno local que reverta esta situación. 

"Sentímonos abandonados polas administracións, son moitos os escritos e solicitudes que facemos ao concello dos que non se nos dá resposta. A alcaldesa tiña responsabilidades na área de persoal e polo tanto é coñecedora do que sucede", asegura Rafael Otero, delegado sindical da CIG no concello de Lugo.

O Concello, a través dunha nota, acusa os traballadores de deslealdade por incumprir a folla de ruta que tiñan pactada. Desde a oposición acusan o Goberno local de inacción e de desviar os fondos de persoal a outros gastos. 

"O Partido Socialista de Lugo hai moito tempo que deixou de ser obreiro e os traballadores do Concello deixaron de importarlle, e o Bloque nacionalista galego segue de perfil en decisións estruturais", di a voceira municipal do PP, Elena Candia.

Se o Concello non move ficha, os traballadores avisan de que haberá mobilizacións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade