Cargando resultados...
O Compostela perde a oportunidade de meterse na parte alta da clasificación
Empate a cero para o equipo santiagués fronte ao Oviedo Vetusta
G24.gal
22/01/2023 20:21
O partido en San Lázaro rematou co marcador empatado a cero, pero coas dúas partes claramente diferenciadas. Na primeira dominou o xogo o equipo asturiano. Na segunda, a maioría de ocasións foron para o Compostela, aínda que non conseguiu adiantarse. Unha das máis destacadas foi a de Jorge Cano cun tiro á porta que acabou fóra, na recta final do partido.