Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela volve aos postos de descenso tras sufrir a remonta do Raio Cantabria (1-2)

O Compostela volve aos postos de descenso tras sufrir a remonta do Raio Cantabria (1-2)

O Compostela volve aos postos de descenso

Dous goles ao comezo da segunda parte e un cartón vermello condenaron o equipo de Permuy

Foto: @SD_Compostela
G24.gal 23/02/2025 16:56 Última actualización 23/02/2025 19:05

A S. D. Compostela deixa escapar unha oportunidade de ouro para escapar dos postos de descenso, perdendo por 1-2 contra o Raio Cantabria, rival directo do conxunto de Santiago.

O Compos recibiu o Rayo Cantabria en San Lázaro, nun encontro en que os dous equipos xogaban moito, pois ambos conxuntos buscan afastarse dos postos de descenso. O equipo local foi o primeiro que xerou perigo no partido cun disparo de Samuel Rodríguez tras unha saída en falso de Álvaro Jiménez, que uns minutos despois volvería atallar outro disparo dende fóra da área do centrocampista do Compostela.

Marquitos abriu a lata para a S. D. Compostela no minuto 36 tras un pase de Samu Rodríguez, que firmou unha primeira parte impecable para o equipo de Antón Permuy, que marchou aos vestiarios por enriba no marcador. Non durou moito a ledicia nas bancadas do Vero Boquete: un gol de Dani González no 46' e outro de Marco Carrascal de cabeza no 54' déronlle a volta ao encontro, poñendo o 1-2 no electrónico.

Fausto deixou aos locais en inferioridade numérica tras recibir un cartón vermello no minuto 61 tras un empurrón ao borde da área. Permuy removeu o banco para darlle entrada a Fer Cano, Santi de Prado, Manu Barreiro e Bruno Scorza no ecuador da segunda metade, aínda que non foron quen de darlle a volta ao encontro.

A S. D. Compostela volve aos postos de descenso a Terceira Federación con 27 puntos, a falta de xogar un partido contra o Deportivo Fabril suspendido por temporal. Enfontaranse ao Guijuelo o domingo 2 de marzo no Estadio Municipal Luis Ramos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade