Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Compostela remata coa serie triunfal do Arenteiro

O Compostela remata coa serie triunfal do Arenteiro

Despois de 21 partidos sen perder, os do Carballiño saen derrotados polos santiagueses  grazas a un penalti transformado por Mario

G24.gal 20/11/2022 19:10

Foron 21 partidos sen perder, desde o mes de abril da temporada pasada. A serie triunfal do Arenteiro rematou en Espiñedo ante unha Sociedade Deportiva Compostela que soubo xogar un partido moi serio en defensa e aproveitou unha das súas ocasións. 

Un penalti por mans de Pol Bueso non o desaproveitou Mario Rodríguez para superar o porteiro Diego. Os de Fabiano defenderon moi ben, e o Arenteiro non tivo o acerto doutros partidos en que aproveitou esas ondas de fútbol que fía en todos os encontros. 

Era unha grande oportunidade para que o Arenteiro marchase con sete puntos de vantaxe aproveitando os erros dos seus rivais directos, pero o que aconteceu foi que a zona alta da Segunda Federación se comprime e aparecen máis candidatos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar