Cargando resultados...
O Compostela non pon fin á crise e remata a xornada en descenso
Marcou primeiro en Ganzábal, pero o Langreo remontou o gol inicial de Santi de Prado
G24.gal
02/02/2025 19:49
Momento complicado o que vive o Compostela. Perdeu no campo do Langreo (2-1) e caeu a postos de descenso despois de sumar a sexta xornada sen gañar, só 2 puntos de 18 posibles. E iso que conseguiu adiantarse cun gol de Santi de Prado no minuto 44.
A desgraza para os de Antón Permuy foi que o Langreo empatou no engadido do primeiro tempo. Marcou Breñé. O partido era de empate, pero no minuto 85 marcou Lucas Suárez para os locais o definitivo 2-1.